Quen moito abarca pouco apreta

É a miña intención dar a coñecer a través deste blog a multitude de traballos que , pouco a pouco, fun realizando ó longo da miña vida.
O abano foi tan amplo que ben se pode sintetizar naquelo de que tanto fixen que non fixen nada.

Aparecerán traballos :







LITERARIOS :- Teatro - Relatos curtos e novela- Xornalismo -Ensaios -Poesía



ARTÍSTICOS: -Pinturas e debuxos -Esculturas,



mosaicos,... - Fotografías -



Composicións musicais



MANUAIS -Construccións



Actividades deportivas e culturais Outras...



Se buscamos algunha razón para xustificar tanta variedade atoparemos alomenos tres:



Primeira: A especialización busca o rendemento




do individuo pero atrofia as moitas



posibilidades da persona.



Segunda: As maiores limitacións do ser humano




nacen del mesmo ó dicir non sei en vez de



quero.



Terceira.- O desenrolo e a satisfación personais




xamais se buscan na comparanza con



ninguén senon na posta en valor da túa



singulariedade.















































Datos personales

Contactos: franpigon@hotmail.com

lunes, 27 de junio de 2011

viernes, 22 de abril de 2011

Entrevista

LA VOZ DE  GALICIA, A Mariña
«Baixo a apariencia da broma e con moita retranca intentamos amosar as verdades máis grandes»


Entrevista
francisco piñeiro gonzález
Director e actor do grupo O Bordelo



Autor:

Laura López

Fecha de publicación: 21/4/2009

  Francisco Piñeiro é mestre de Ciencias e Matemáticas en Cervo, pero leva uns trinta anos combinando o seu traballo coa súa grande paixón: o teatro. Comezou en Barcelona e, agora, afincado na Mariña, escribe textos dramáticos, poesía e prosa. Hai once anos que dirixe O Bordelo, e leva máis de seiscentas representacións en Galicia e Asturias da man desta compañía e tamén de A Adala, Agrupación Teatral Francisco Piñeiro e Ardora.

-¿Que significa para a súa compañía a obtención do primeiro premio do «Ciclo Domingos a Escena»?

-Foi unha sorpresa para nós gañar un premio nun certame no que participaron 27 compañías, algunhas delas poñendo en escena pezas de autores da altura de Shakespeare, Woody Allen ou Mihura, mentres a nosa peza fora escrita por min. Pero hai que lembrar que foi mediante un sistema de votación popular, e xa no día da representación sentimos que a peza tivera moi boa acollida entre o público, polo que sabiamos que iamos ter boa valoración. Este premio significa para nós o recoñecemento de once anos de traballo e querémolo compartir con todos os que nos apoiaron e creron en nós e darlles as grazas por iso.

-¿Cantas pezas representou con este grupo?

-Esta compañía leva funcionando once anos, e cada ano representamos unha peza distinta, todas elas creacións miñas. En total, teño escritos uns corenta traballos.

-¿Con que tipo de obra se atopa o público que vai ver «R.I.P. Marandaina?

-É unha comedia, para todos os públicos. Nós facemos teatro popular, sobre temas de actualidade. R.I.P. Marandaina non fala de ningunha morte, son as siglas de «respecto, igualdade e paz», e fala dos abandonos das comarcas interiores, da loita contra a violencia machista... Son temas que conectan co público.

-¿Onde atopa a inspiración para as súas creacións?

-A miña fonte de inspiración vén da observación da sociedade tinguíndoa de retranca, contando as cousas do día a día. Se eu fose Castelao non me faría falta escribir, pero non sei debuxar coma el. Parto da premisa de que baixo a aparencia da broma e con moita retranca pódense amosar as verdades máis grandes.

-¿Ten futuro o teatro afeccionado?

-Os premios fanme reflexionar, porque o hándicap do teatro é que non hai público, e nós chegamos

Seguidores